SINSALaudio.org
Entrada do web > festival SINSAL > Festival SINSAL 4.0

Festival SINSAL 4.0

Último engadido : 27 de xullo do 2007.

presentación festival sinsal 2006

Quén dixo que se estaban perdendo as tradicións? A Estación Inverno do Festival Sinsal é unha demostración de cómo a xente xoven, partindo dos instrumentos mais tradicionais, as estructuras clásicas e, sobre todo, a admiración polos grandes creadores, é capaz de renovar con talento, creatividade e ilusión os discursos, que non as ideas.

A Estación Inverno presenta a varios artistas profundamente coñecedores da importancia de respetar ós mestres, pero tamén de reivindica-lo seu momento, o seu turno, o seu tempo. Dende Arxentina, a Orquesta Típica Fernández Fierro suxire un novo punto de partida para a música máis representativa do seu país, o Tango. Dende Alemania, Hauschka proclama un discurso vertebrado coa axuda dun piano que manipula como un John Cage “postmoderno”. E no Salón Sinsal, Yellow Swans, e toda unha nova xeneración de xóvenes repartida polo mundo, recuperan o sentimento dos Futuristas de principios do século XX e ós ideólogos da música Industrial.

E asé comenza o curso: benvid@s

SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Seguir a vida do web RSS 2.0