marco — 19-10-2007

Concerto de Durán Váquez

Este xoven vigués é o mellor alquimista analóxico que ten saído da xeneración electrónica galega .O seu traballo é puro ruido artesán e é dos poucos artistas galegos que conta con actuacións en festivais tan importantes como Sonar e Lem. Aquí escoitaredes o seu concerto dentro do MARCO SONORO ‘07, un 12 de outubro de 2007, no MARCO de Vigo.

DURAN VAZQUEZ
Visita o seu espazo dentro da web de alg-a
marco — 19-10-2007

Concerto de Manuela Varile e Rui Costa

Manuela Barile explora a voz en todas as súas expresións musicais e faladas, empregando técnicas orientais e occidentais, así como outras da súa propia invención inspiradas nos sons da natureza, animales e “paralinguaxe”, significando todas as non verbais expresións que rodean a linguaxe común. Manuela non emprega manipulacións electrónicas. A expresión artística de Rui Costa focalízase na creación de texturas sonoras intrincadas a través de técnicas de manipulación computacional de sons e utilizando gravacións de campo e sampling ó vivo de instrumentos acústicos. Aquí escoitaredes o seu concerto dentro do MARCO SONORO ‘07, un 12 de outubro de 2007, no MARCO de Vigo.

MANUELA VARILE
Visita a súa web
RUI COSTA
Visita a súa web
marco — 19-10-2007

Concerto de Madamme Cell

Este proxecto de Madamme Cell fundaméntase en improvisacións sobre pequenos obxetos ou “células” sonoras compostas ou deseñadas previamente no piano. Nos concertos ou audioperformances, o proceso resultante é unha sorte de deconstrucción “analóxica” dalgunhas desas células, que sendo sonoras poden ter un carácter ou intención visual, xestural ou máis estrictamente musical. Aquí escoitaredes o seu concerto dentro do MARCO SONORO ‘07, un 12 de outubro de 2007, no MARCO de Vigo.

MADAMME CELL
Visita o seu espazo dentro da web de alg-a
marco — 19-10-2007

Concerto de AC: Cecilia Blanco e Estela Ballesteros

En AC cabe todo tipo de representación que axude a comprender a actitude musical xurdida no século XX. Podemos abandonar o desexo de controlar o son, limpar de música a nosa mente, e dedicarnos ao descubrimento de medios para permitir que os sons sexan eles mesmos. Aquí escoitaredes o seu concerto dentro do MARCO SONORO ‘07, un 12 de outubro de 2007, no MARCO de Vigo.

marco — 15-10-2007

Concerto de Mequetrefe

Escoita un pequeno extracto do concerto que o fonsagradino Mequetrefe ofreceu dentro do MARCO SONORO ‘07, o 5 de outubro de 2007 no MARCO de Vigo

MEQUETREFE
web de Mequetrefe